Tarde moi máxica en Cambados

O pasado sábado todos os asistentes á Gala de Maxia que organizamos dende Por Dereito disfrutaron un par de horas máxicas e riron a escacho pois estos marabillosos magos fixeron as ledicias de grandes e pequechos. Basta ver as fotos para que vos fagades unha idea, pero otempo pasou voando. Xulio Merino foi o encargado de presentar aos seus compañeiros e de dar un toque de humor a este evento




O primeiro en actuar foi o MAGO CALI, gran profesional da maxia e cun toque de humor sarcástico que fascina aos peques cos seus trucos mentres que os maiores rimos a escachar coas súas ocurrencias

 

O segundo foi o MAGO KEKO. Un xoven mago, moi hábil coas mans e simpático ao tempo que pon sobre o escenario moita frescura e bo humor

  
En terceiro lugar tivemos ao MAGO NORBERTO. Elegancia e bo facer sobre o escenario, o mais veterano ao tempo que relaxante.

En último lugar tivemos a sorprendente maxia do gran MAGO MARCO, un querido amigo de Por Dereito e que nos deixou a todos abraidos coas súas fantásticas postas en escea. A foto que incorporamos aquí de Marco non é a mais espectacular pero si que ten un significado especial. A filla de Marco debuxou este neno incluido cos demais e sobre a súa cabeza un globo azul, así ve ela o autismo...

+

  Todos eles teñen unha gran sensibilidade e son persoas fantásticas e solidarias. polo que queremos reiterar unha vez mais o noso agradecemento.
Entre actuación e actuación proxectamos uns vídeos para concienciar sobre que é o autismo, e que é e que fai Por Dereito. 
- Usamos o magnífico corto de Miguel Gallardo e a Fundación Orange " El Viaje de María",
- "Yo estoy aquí" que forma parte da campaña de SARRC (Southwest Autism Research & Resource Center) e do seu programa F.R.I.E.N.D. que promove una comprensión mais empática das persoas con autismo, 
- "El autismo pieza a pieza"  de Mayte Navarro,
- Os cortos que enviamos ao concurso "Yo como Tú" (La Inclusión debe ser una realidad no un sueño inalcanzable) 
- e  finalmente " Qué es y qué hace Por Dereito"

Tampouco nos podemos  esquecer dos nosos amigos de Conexiondance xa que sin eles isto non sería posible. O noso agradecemento tamén ao Concello de Cambados xa que podemosvos asegurar que grazas ao seu apoio abril foi moiiiiiiiii azul neste pequeno pero fermoso pobo!

Se queredes ver mais fotos aquí vos quedan:

Novas na prensa:
 http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/por-dereito-despide-su-mes-azul-con-trucos-de-magia-y-reivindicaciones/20130421000541022366.html

 http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/04/21/dereito-sale-rescate-familias-iban-terapias-autismo/795621.html

  http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/04/20/dereito-celebra-gala-magia-concienciar-autismo/795084.html

You can leave a response, or trackback from your own site.

0 Response to "Tarde moi máxica en Cambados"

Publicar un comentario

powered by Blogger | WordPress by Newwpthemes